14 nov 2022

Gat@s Artistas 1º ESO

A través desta actividade "Gat@s artistas" realizada en 1º ESO analizamos o Patrimonio artístico e cultural.

Nesta actividade o alumnado de 1º ESO escolle un movemento artístico, ou un/unha artista, ou un cadro famoso das diferentes manifestacións na arte importantes ao longo da historia e o reinterpreta utilizando como personaxe principal un gat@.

Esta presentación da actividade está creada coas imaxes dalgúns gat@s realizados polo alumnado acompañadas de pistas para utilizar como xogo nas futuras clases.

Queredes adiviñar o artista e cadro no que se inspiraron estes gat@s?


3 jun 2022

As Formas Plásticas da Torre de Hércules 3º ESO

 Compartimos as Formas Plásticas da Torre de Hércules realizadas con técnica libre polo alumnado de 3º ESO para o exercicio “Torre Realista, Figurativa e Abstracta”.

A imaxe ou debuxo Realista  ten que ser unha imaxe fiel á realidade. Cando este grao de semellanza varía  e diminúe podemos realizar imaxes Figurativas que son aquelas nas que simplemente podemos recoñecer o modelo representado. Cando este achegamento de semellanza diminúe moitísimo a imaxe vai alcanzando cada vez maiores graos de Abstracción.

Con este exercicio queremos traballar os diferentes Tipos de Imaxes, aprendendo a representar a realidade en función do grao de semellanza con ela.

3 feb 2021

Obra gañadora na especie Esfinxe da caveira

 Obra gañadora no VIII Certame de Debuxo da Natureza na 1ª Categoría (menores de 14 anos) na especie Acherontia atropos, Esfinxe da caveira, realizada pola  alumna María D. F. de 1º ESO. 



Noraboa! A nosa alumna María D. F. de 1º ESO polo premio.

23 dic 2020

Boas Festas e un 2021 cheo de ledicia!

Con estas tarxetas e música realizadas polo alumnado de 1º ESO, 2º ESO e 3º ESO vos desexamos 

unhas Felices Festas.


5 jun 2020

Proxecto de Deseño téxtil 4º ESO

5 de xuño Día do Medio Ambiente
Vivimos nun constante cambio de modas e consumismo de prendas téxtiles, desbotando prendas novas por pasarse de temporada ou por querer estar renovando continuamente o vestiario. Isto fai que a industria téxtil teña que producir e innovar sempre a gran escala para satisfacer esa ansia de consumir da poboación. Para isto é fundamental crear unha conciencia medio ambiental nas novas industrias para que se adapten e axuden a reducir os impactos negativos medioambientais.
Neste proxecto o alumnado de 4º ESO de EPVA quere propoñer deseños de téxtiles sustentables para o noso futuro.